
A semana pasada celebramos no noso cole (e en todos os de Galicia) a Semana Cultural das Letras Galegas, que cada ano se dedica a un personaxe -ten que estar morto, por certo- que traballou e loitou pola nosa cultura e a nosa língua. Este ano conmemórase a Ramón Piñeiro
Mirade estes videos nos que uns nenos nos axudan a aprender máis sobre a vida e a obra deste personaxe.
Naqueles tempos, nas escolas non se falaba o GALEGO porque se consideraba unha língua inferior ao CASTELÁN, propia de xentes “incultas“-dicíase- e os nenos, que viñan de falar en galego nas súas casas, nas súas aldeas, coas súas familias e veciños porque era a língua na que aprendían a falar, cando chegaban á escola tiñan que aprender todo en castelán. Lembrade aqueles debuxos de CASTELAO que tan ben nos mostraban a situación na que se encontraba Galicia e as súas xentes.
RAMÓN PIÑEIRO, CASTELAO e moitas outras persoas traballaron moito por defender a cultura e a língua galega e poder utilizala en todos os ámbitos da vida. Eles sentíronse orgullosos da súa propia identidade, de formar parte deste pobo e vivir neste país, da mesma forma que nós hoxe nos sentimos.

POR SORTE ANDIVEMOS MOITO CAMIÑO DENDE ENTÓN e grazas a estes persoeiros -e moitos outros que non se coñeceron- HOXENDÍA nas familias, nas rúas, nas tendas, no médico… fálase galego e na ESCOLA apréndese a falalo e escribilo correctamente , a expresarnos, a xogar e tamén a adquirir nesta língua coñecementos útiles sobre o mundo e a vida.
Os nosos compañeiros que veñen de outros países aprenden axiña a comunicarse con nós en galego, no patio, nos xogos, na clase.
Agora está nas vosas mans defender a língua e ben vemos todos o ben que o facedes.
