POR UN ENSINO EN GALEGO
xun 14th, 2009 por papacontos

eu_galego

galego_ensino

INTERNET E BICOS
mai 19th, 2009 por papacontos

O DÍA QUE MORREU BENEDETTI, O DOMINGO 17 DE MAIO, CELEBRÁBASE TAMÉN O DÍA DE INTERNET.

RECOÑECÉNDOLLE O MÉRITO E A UTILIDADE Á REDE, DA QUE TANTO USO FACEMOS PARA COMUNICÁRMONOS, EU, COMA BENEDETTI, SIGO PREFERINDO FALAR CON BICOS.

pecesbeso


MASS MEDIA

De los medios de comunicación
en este mundo tan codificado
con internet y otras navegaciones
yo sigo prefiriendo
el viejo beso artesanal
que desde siempre comunica tanto

RAMON PIÑEIRO, A ESCOLA E A LÍNGUA
mai 19th, 2009 por papacontos

ramon_pineiro

A semana pasada celebramos no noso cole (e en todos os de Galicia) a Semana Cultural das Letras Galegas, que cada ano se dedica a un personaxe -ten que estar morto, por certo- que traballou e loitou pola nosa cultura e a nosa língua. Este ano conmemórase a Ramón Piñeiro

Mirade estes videos nos que uns nenos nos axudan a aprender máis sobre a vida e a obra deste personaxe.

Naqueles tempos, nas escolas non se falaba o GALEGO porque se consideraba unha língua inferior ao CASTELÁN, propia de xentes “incultas“-dicíase- e os nenos, que viñan de falar en galego nas súas casas, nas súas aldeas, coas súas familias e veciños porque era a língua na que aprendían a falar, cando chegaban á escola  tiñan que aprender todo en castelán. Lembrade aqueles debuxos de CASTELAO que tan ben nos mostraban a situación na que se encontraba Galicia e as súas xentes.castelao-cousas-1

RAMÓN PIÑEIRO, CASTELAO e moitas outras persoas traballaron moito por defender a cultura e a língua  galega  e poder utilizala en todos os ámbitos da vida. Eles sentíronse orgullosos da súa propia identidade, de formar parte deste pobo e vivir neste país, da mesma forma que nós hoxe nos sentimos.

17maio_2009

POR SORTE ANDIVEMOS MOITO CAMIÑO DENDE ENTÓN e grazas a estes persoeiros -e moitos outros que non se coñeceron-  HOXENDÍA nas familias, nas rúas, nas tendas, no médico… fálase galego e na  ESCOLA apréndese a falalo  e  escribilo correctamente , a expresarnos, a xogar e tamén a adquirir nesta língua  coñecementos útiles sobre o mundo e a vida.

Os nosos compañeiros que veñen de outros países aprenden axiña a comunicarse con nós en galego, no patio, nos xogos, na clase.

Agora está nas vosas mans defender a língua e ben vemos todos o ben que o facedes.

eu_galego

VITORIA-REGIA
mar 11th, 2009 por papacontos

Temos un novo compañeiro na aula, chegado directamente dende o BRASIL. Leva connosco dous meses e medio e xa é coma un amigo de sempre. Está a aprender a nosa lingua a gran velocidade e de cando en vez móstranos os seus progresos recitando unha adiviña ou conto aprendidos na casa coa axuda dos seus pais.

El cóntanos cousas do seu país: que a língua empregada é o portugués, como é a paisaxe, a comida, o colexio, os seus amigos, os xogos, cómo se celebran os aniversarios, explícanos como se chaman as cousas na súa língua e tamén nos conta adiviñas, contos e unha fermosa LENDA que podedes ler máis abaixo. Creo, se non é moita presunción, que ma dedicou a min …será polo nome…

VITORIA REGIA

Os pajès tupís-guaranis contavam que no comerço do mundo, toda vez que a lua se escondia no horizonte, parecendo decer por tras das serras, ea viver com suas virgens prediletas.

Diziam ainda que se a lua gostava de uma jovem a transformava en estrela do céu.

NAIA, filha de un chefe princesa da tribo, ficou impressionada com a história. Então, á noite quando todos dormiam e a lua andava pelo cèu ela, querendo ser transformada em estrela, subía as colinas e perseguía a lua na esperança de que esta a visse.

E assim fazia todas noites durante muito tempo. Em uma noite, a índia viu nas águas de um lago a figura da lua.

A probe moça imaginando que a lua havia chegado para busca-la se atirou nas águas profundas do lago e nunca mais foi vista.

A lua quis recompensar o sacrificio da bela jovem e resolve transforma-la em uma estrela diferente daquelas que brilham no cèu, transformoua numa “Estrela das Águas” que é a planta VITORIA-REGIA cuja as flores perfumadas e brancas se abrem a noite.


»  Substancia: WordPress   »  Style: Ahren Ahimsa