Nunha ocasión un vello e unha vella ían buscar toxos ao monte.
No medio do camiño perderon o adival, que moi habilmente colleu o raposo.
Cando os vellos cargaron o toxo no carro viron que non tiñan con qué atalo. Entón o raposo saíu de detrás dun valo e dixo:
- Que me dades se vos digo del?
- Dámosche unhas galiñas.
- E como mas habedes dar?
- Dámoschas ó chegar a casa.
- Si, pero …como sei que mas daredes?
- Non temas, metémolas nun saco e deixámolas na horta.
O raposo deulles o adival e puideron atar o toxo. O chegar a casa, o vello meteu dous cans grandes nun saco, levounos á horta e soltounos.
O raposo corría coma unha centella.
O DÍA QUE MORREU BENEDETTI, O DOMINGO 17 DE MAIO, CELEBRÁBASE TAMÉN O DÍA DE INTERNET.
RECOÑECÉNDOLLE O MÉRITO E A UTILIDADE Á REDE, DA QUE TANTO USO FACEMOS PARA COMUNICÁRMONOS, EU, COMA BENEDETTI, SIGO PREFERINDO FALAR CON BICOS.
MASS MEDIA
De los medios de comunicación en este mundo tan codificado con internet y otras navegaciones yo sigo prefiriendo el viejo beso artesanal que desde siempre comunica tanto
A semana pasada celebramos no noso cole (e en todos os de Galicia) a Semana Cultural das Letras Galegas, que cada ano se dedica a un personaxe -ten que estar morto, por certo- que traballou e loitou pola nosa cultura e a nosa língua. Este ano conmemórase a Ramón Piñeiro
Mirade estes videos nos que uns nenos nos axudan a aprender máis sobre a vida e a obra deste personaxe.
Naqueles tempos, nas escolas non se falaba o GALEGO porque se consideraba unha língua inferior ao CASTELÁN, propia de xentes “incultas“-dicíase- e os nenos, que viñan de falar en galego nas súas casas, nas súas aldeas, coas súas familias e veciños porque era a língua na que aprendían a falar, cando chegaban á escola tiñan que aprender todo en castelán. Lembrade aqueles debuxos de CASTELAO que tan ben nos mostraban a situación na que se encontraba Galicia e as súas xentes.
RAMÓN PIÑEIRO, CASTELAO e moitas outras persoas traballaron moito por defender a cultura e a língua galega e poder utilizala en todos os ámbitos da vida. Eles sentíronse orgullosos da súa propia identidade, de formar parte deste pobo e vivir neste país, da mesma forma que nós hoxe nos sentimos.
POR SORTE ANDIVEMOS MOITO CAMIÑO DENDE ENTÓN e grazas a estes persoeiros -e moitos outros que non se coñeceron- HOXENDÍA nas familias, nas rúas, nas tendas, no médico… fálase galego e na ESCOLA apréndese a falalo e escribilo correctamente , a expresarnos, a xogar e tamén a adquirir nesta língua coñecementos útiles sobre o mundo e a vida.
Os nosos compañeiros que veñen de outros países aprenden axiña a comunicarse con nós en galego, no patio, nos xogos, na clase.
Agora está nas vosas mans defender a língua e ben vemos todos o ben que o facedes.
Son unha apaixoada da poesía.
Algunhas persoas pensan que a poesía é so para os que están namorados, para os cursis, para os que viven nas nubes e lonxe da vida real. Ou simplemente din que non lles gusta.
Pero vós e máis eu sabemos que non é así. Gústanos ler e escribir poemas, e os poemas non teñen necesariamente que rimar, verdade?
Podemos escribir un poema para unha persoa que queremos, pero tamén a unha paisaxe que nos gusta, falar dos nosos recordos ou dos nosos desexos. Das cousas cotiás, da vida, dos amigos, dos xogos, de nós mesmos…
Hoxe entereime de que morreu Mario Benedetti, un poeta uruguaio que escribíu cousas moi fermosas pero que tal vez os nenos non comprendedes aínda. Ou sí, quen sabe, ás veces os maiores estamos de verdade nas nubes.
Busquei algo del para vós e atopei isto…..
Un día camiñando sobre a beira do río vin un fermoso lirio. Alto e erguido sobre o seu gran talo a flor reflexábase sobre a auga do río e o río quixo apoderarse do lirio. Cada onda que pasaba levábase consigo a imaxe de aquel fermoso lirio. E logo o río empezou a axitarse, estaba moi inquedo e veloz. O río non puido apoderarse do lirio porque tiña un talo moi grande e groso, as ondas comezaron a poñerse furiosas contra a beira do río e conseguiron arrasar con todo o que había na beira, incluído o fermoso lirio.
AVELAÍÑA
Chegou un día un ao ceo e cando chegou San Pedro díxolle: - Non, ti non podes pasar que non fixeches ningunha boa obra. - Como que non! Deille tres perras chicas unha vez a un pobre. E San Pedro foi falar con Noso Señor a ver se o deixaba pasar. - E que fixo bo? - Deulle tres perras chicas a un pobre. - Máis nada? Pois logo devólvelle as tres perras chicas e que marche pra o inferno.
Chegou un día un ao ceo e cando chegou San Pedro díxolle:
- Non, ti non podes pasar que non fixeches ningunha boa obra.
- Como que non! Deille tres perras chicas unha vez a un pobre.
E San Pedro foi falar con Noso Señor a ver se o deixaba pasar.
- E que fixo bo?
- Deulle tres perras chicas a un pobre.
- Máis nada? Pois logo devólvelle as tres perras chicas e que marche pra o inferno.
LILO